|
GUINEA ECUATORIAL
|
Weja Chicampo |
Axúdanos a enviar moitas tarxetas ó Presidente Teodoro Obiang. Canto maior sexa a presión internacional maiores serán as posibilidades de que Weja Chicampo recuperé a súa liberdade. Ponte en contacto con nos e te faremos chegar tarxetas para apelar a prol de Weja Chicampo. |
Weja
Chicampo é Coordinador Xeral do Movimiento
para la Autodeterminación de la Isla de Bioko
(MAIB), partido político fundado en 1993 polo grupo
étnico bubi, natural da illa de Bioko, territorio que
forma parte de Guinea Ecuatorial. Weja Chicampo foi capturado por un grupo de encapuchados que entraron pola forza na súa casa de Malabo o 4 de marzo de 2004. Os encapuchados resultaron ser policías que o levaron á comisaría central de Malabo. Uns días despois, o trasladaron ó cárcere de Black Beach, onde o recluíron nunha celda especial, en réxime de incomunicación, durante varios meses. Pese o tempo trancorrido dende a súa detención, Weja Chicampo permanece encarcerado sen que nunca comparecera ante un xuíz nin fora acusado de ningún delito, en clara violación non só das normas internacionais de dereitos humanos, senón tamén das propias leis de Guinea Ecuatorial que dispoñen que calquera detido debe ser acusado formalmente e posto a disposición xudicial nun prazo máximo de 72 horas ou liberado. Amnistía Internacional considera a Weja Chicampo un preso de conciencia, encarcerado unicamente polo exercicio pacífico das súas conviccións políticas. |
| Amnistía Internacional- Sección
Española Grupo E-46 Apdo. 433 - 27080 Lugo Tel./fax: (34) 982-230-310 lugo@es.amnesty.org |