Páxina principal

Ninguén está só

21 autores a prol dos dereitos humanos


A prol dos "desaparecidos" saharauis

Fran Alonso

Paula Carballeira

Fina Casalderrey

Manuel Darriba

Ana Expósito

Agustín Fernández Paz

Jaureguízar

Paco Martín

Antonio Reigosa

Helena Villar Janeiro

Santiago Catalán

José Tomás Díaz

Miguel Díez Lasangre

Espiral

Carmela González

Honorio

Lomarti

Aurora López

Xan López Domínguez

Noemí López Vázquez

Miguelanxo Prado

Este libro foi posible gracias, por unha banda, á colaboración dos escritores e ilustradores, que crearon as 10 historias e os 10 debuxos para esta obra e cederon a Amnistía Internacional os seus dereitos de autor, e, por outra banda, ó desinteresado apoio da editorial Tris Tram que impulsou esta idea e a fixo realidade.

Así mesmo, Amnistía Internacional quere amosa-la súa gratitude á herdeira do poeta José Agustín Goytisolo pola autorización para reproduci-lo seu poema Nadie está solo, á editorial Lumen polas xestións realizadas para acada-la dita autorización e, finalmente, a Carmen Blanco pola traducción ó galego do poema.

Gracias, tamén, a Miguelanxo Prado pola ilustración e realización da portada.

Os beneficios que se obteñan coa venda desta obra destinaranse integramente a contribuír co traballo que o grupo de Lugo de Amnistía Internacional realiza a prol dos dereitos humanos.

Os relatos e as ilustracións do libro están inspirados no tema dos dereitos humanos e especialmente dirixidos a mozas e mozos a partir dos 14 anos. A inmigración, a guerra, o subdesenvolvemento, a tortura, a pena de morte ou os refuxiados son algunhas das temáticas que aborda. A súa lectura pode ser un excelente instrumento de reflexión e de debate sobre estas ideas.

O libro está á venda en librerías cun precio de 1.475 pts., e pode adquirirse tamén contactando co grupo de Lugo de AI .

Páxina Principal Amnistía Internacional- Sección Española
Grupo E-46
Apdo. 433 - 27080 Lugo
Tel./fax: (34) 982-230-310
ai-e46@eresmas.net