Organización internacional pro dereitos humanos que traballa pola liberación dos presos de conciencia, os xuízos xustos para os presos políticos, a abolición da tortura e a pena de morte e a fin das execucións extraxudiciais e as "desaparicións".
Premio Nobel da Paz 1977. Premio Dereitos Humanos das Nacións Unidas 1978.
Apdo. 433. 27080 Lugo.
España
Tel./Fax :
(+34) 982 230 310
E-mail:
lugo@es.amnesty.org
 

¡NON MÁIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!

Faite socio/a

Fai unha doazón


Weja Chicampo

Preso de conciencia na República de Guinea Ecuatorial

¡LIBERADO!


Amnistía en Galicia

Sección española

Secretariado Internacional (inglés)

Secreteriado Internacional (español)


Weja Chicampo, preso de conciencia en Guinea Ecuatorial

Weja Chicampo foi liberado o pasado 5 de xuño con motivo dunha "amnistía" decretada polo Presidente Teodoro Obiang con motivo do seu 64 cumpreanos.

Weja Chicampo permanecía detido sen cargos nin xuízo no cárcere de Black Beach, en Malabo, capital de Guinea Ecuatorial, dende a súa detención o 4 de marzo de de 2004.

A única razón da súa detención fora o exercicio pacífico das súas conviccións políticas como Coordinador Xeral do Movimiento para la Autodeterminación de la Isla de Bioko.

¡Cerremos Guantánamo!

Estados Unidos está lexitimando prácticas brutais que a comunidade internacional declarara ilegais hai tempo.A tortura non dá seguridade. A tortura é terror. ¡Pechemos Guantánamo! Actúa.


Ninguén está só Ninguén está só
Vinteún escritores e ilustradores e a Editorial Tris Tram colaboran co grupo de Lugo de Amnistía Internacional no libro de relatos especialmente dirixido a mozos e mozas a partir de 14 anos Ninguén está só, editado con motivo do 40º aniversario de Amnistía Internacional.


Oriente Próximo: Os crimes de guerra deben ser investigados


Voos secretos da CIA

Suecia, cómplice nos voos secretos da CIA


Crisis en Sudán

Sudán: a poboación de Darfur sigue en perigo.